Friday 22 de November de 2024

Segunda xornada do ciclo divulgativo “Desafíos do Océano” no CIMM de Cabanas


O proxecto “Desafíos do Océano: Científicas ao mando” está impulsado polo Campus do Mar da Universidade de Vigo

O Centro de Interpretación do Medio Mariño (CIMM) de Cabanas acollerá este xoves ás 20h a segunda xornada do ciclo divulgativo “Desafíos do Océano: Científicas ao mando”, organizado en colaboración co Campus do Mar da Universidade de Vigo.

Tras o éxito da primeira xornada, celebrada hai dúas semanas, o CIMM abordará nesta ocasión as problemáticas da erosión costeira, a acidificación oceánica ou os eventos extremos da man das doutoras Ana Bernabeu, Marta Álvarez e Silvia Torres.

A actividade forma parte do proxecto divulgativo do CIMM de Cabanas, entidade dependente da área de medio ambiente do Concello de Cabanas.