Saturday 16 de November de 2024

Unha exhibición de tallas de madeira chega á casa da cultura pobrense


A casa da cultura Raquel Fernández Soler acubillará unha nova exposición. Nesta ocasión, será de tallas de madeira elaboradas por Juan Manuel Paz.

A inauguración terá lugar no 9 de febreiro, ás 20.00 horas, nun acto organizado pola Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). A entrada é libre ata completa-la cabida.

Mariñeiro e albanel retirado, Juan Manuel Paz, máis coñecido como Sampi, dedica o seu tempo libre á arte de traballa-la madeira. Con pouco máis ca a súa navalla, crea numerosas tallas relacionadas co mar e co agro; unha paixón pola artesanía que inculcou nas súas fillas, polo cal a mostra tamén recolle unha escolma de bonecas de trapo modeladas por Ana Paz.