Chama a concentrarse este mércores ás 20h diante da Casa do Concello
O Concello de Cabanas anuncia que se suma ás convocatorias do movemento feminista galego en repulsa do asasinato machista acontecido en Baiona.
Nesta liña, o Concello de Cabanas fai un chamamento a toda a veciñanza para acudir á concentración que terá lugar diante da Casa do Concello mañá, mércores 08 de febreiro, ás 20h.
Data e hora: Mércores, 08 de febreiro, ás 20h
Lugar: diante da Casa do Concello