O ente autónomo Portos de Galicia comunicou ao Concello de Riveira a próxima realización dunha obra de mellora consistente no fresado e posterior pavimentación do paseo das Carolinas na cidade de Santa Uxía de Riveira.
A actuación, de 5.000 metros cadrados de superficie, estenderase dende a rotonda que comunica coa avenida da Coruña ata o desvío ao parque García Bayón. Será empregado aglomerado asfáltico.
Nova rotonda
Tocante a este tramo, cómpre lembrar que a empresa Acciona, adxudicataria da construción da lonxa, ten previsto tamén crear unha nova rotonda no acceso á nova infraestrutura.