O Concello de Oleiros remitirá novamente por escrito ao Concello da Coruña a urxente necesidade de poñer en marcha o bus urbano 1-A durante todo o ano. Ata o momento, non hai constancia de que o Concello da Coruña realizase xestión algunha ante a Xunta de Galicia para poder asinar o convenio pertinente e que este servizo sexa unha realidade próxima.
A alcaldesa da Coruña, Inés Rey, e o alcalde de Oleiros, Ángel García Seoane, acordaron o pasado mes de novembro instaurar este servizo de transporte de maneira permanente durante todo o ano. De demorarse máis a tramitación, estaría en perigo a posta en marcha do servizo para este verán.