Saturday 16 de November de 2024

O Concello pobrense entregará no día 8 os premios do concurso para a escultura en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero


O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal albergará no 8 de febreiro, ás 13.15 horas, o acto público de entrega dos premios do concurso de ideas para unha escultura en homenaxe ás vítimas da violencia de xénero, convocado pola Concellaría da Igualdade, da cal é titular a edil Charo Varela (Nós Pobra).

A proposta presentada por Isabel Soler Rivas co título Como agua resultou gañadora, mentres que o accésit foi para Columba Bello Bugallo con Amar.

Soledad Penalta e Aida López, recoñecidas artistas, xunto con Carolina Rodríguez e Begoña Olveira, en representación do persoal municipal do Concello, integraron o xurado.

A primeira distinción supón unha dotación económica de 3 000 euros, a entrega dun diploma e a adxudicación da realización da talla por un importe máximo de 9 000 euros. Doutra banda, o segundo galardón supón a entrega dun diploma honorífico.