Friday 22 de November de 2024

O Concello continúa a eliminar procesionaria das árbores de propiedade municipal


O Concello continúa a loitar contra a procesionaria. Esta eiruga, que ten o seu ciclo de crecemento nos parques de Oleiros, provoca una segregación irritante ante o contacto cutáneo, o que está a afectar directamente a moitos cans, que soen achegar o fociño no momento no que a atopan.

Aínda que resulta imposible erradicala por completo, os traballos que está a realizar o Concello diminúen a súa presenza. Estanse a colocar trampas na parte baixa dos troncos dos piñeiros, onde crece este tipo de eiruga, e a cortar directamente os niños que crean nas ramas dos propios pinos.