A Asociación Memoria Histórica Democrática inauguraba o pasado venres na Casa das Palmeiras de Neda a exposición fotográfica “A fuxida do Bou Ramón”. Nela, rescátase a historia dos 27 republicanos da comarca que fuxiron do porto de Ares no barco pesqueiro Bou Ramón o 21 de xullo de 1939 tras permanecer agochados nos montes e outros refuxios tratando de evitar a morte. A mostra pretende ser tamén unha homenaxe a todas as familias que teceron esa rede solidaria que fixo posible a fuxida, e especialmente ás mulleres, que os protexeron, alimentaron e axudaron a alcanzar esa liberdade. Unha viaxe á que o público tamén puido achegarse o pasado venres a través da proxección dun documental e do libro escrito por Enrique Barrera e Eliseo Fernández, con debuxos de Fernando Ocampo.
A mostra permanecerá aberta á cidadanía este martes 7, mércores 8 e xoves 9 de febreiro, así como do 14 ao 16 de febreiro, en horario de 18:00 a 20:00 horas. Así mesmo, o Concello, en colaboración coa asociación impulsora da expo, organizará visitas guiadas para o alumnado do IES Fernando Esquío