O Concello levou a cabo un investimento de 220.000 euros para, entre diversas medidas, acondicionar os almacéns da instalación, renovar o pavimento no exterior e mellorar os accesos peonís e para vehículos
O Concello da Coruña, coa promoción da Concellaría de Seguridade Cidadá a través do servizo municipal de Edificación, rematou os traballos de reurbanización postos en marcha no parque de bombeiros de Agrela e a súa contorna hai aproximadamente cinco meses.
A intervención, que contou cun orzamento de 220.537 euros, centrouse en catro áreas diferenciadas tanto nos recintos interiores como no exterior do parque, e onde se acometeron diversas melloras orientadas ao reforzo da seguridade dos traballadores e traballadoras, así como de accesibilidade, tanto para os peóns como para o acceso dos vehículos.
Substituíronse as placas metálicas nas vertentes da cuberta do edificio principal, un inmoble que data do ano 1983 e no que se renovaron as claraboias e se solventaron as deficiencias existentes, mediante tarefas de mantemento e conservación orientadas a evitar o deterioro da cuberta.
Ademais, na planta baixa do edificio, o espazo destinado aos almacéns someteuse a un acondicionamento dos acabados e da instalación eléctrica. En paralelo, dotouse ao recinto de novo mobiliario, acorde á altura da estancia e co obxectivo de gañar unha maior capacidade de almacenaxe.
Por outra banda, e xa no referente aos espazos exteriores, o servizo municipal deEdificación relocalizou as prazas de estacionamento situadas entre o edificio de entrada aoparque e o principal, coa idea de facilitar o tránsito e a maniobrabilidade aos camións que acceden e saen do garaxe no segundo destesedificios. As prazas de aparcadoiro encuestión, que abranguen dúas para persoas minusválidas, están situadas, desde agora, no sector oeste da parcela, desde a entrada ao parque e ata chegar ao acceso inferior.
Tamén no sector oeste do parque, e no contexto destes traballos, executouse unha renovación do firme co estendido dunha nova capa de mestura bituminosa, medida que se sumou ao reacondicionamiento da zona lindeira ao edificio, para mellorar os accesos peonís e facilitar a saída de vehículos.