A alcaldesa tomou parte no lazo humano verde, de carácter solidario, promovido esta mañá na praza de María Pita pola Asociación Española contra o Cancro (AECC)
A praza de María Pita acolleu esta mañá o acto conmemorativo polo Día Mundial contra o Cancro, unha iniciativa promovida pola Asociación Española contra o Cancro (AECC) e na que a alcaldesa, Inés Rey, tomou parte no gran lazo humano verde, de carácter solidario, conformado hoxe en apoio ás persoas que padecen a enfermidade.
Varios centenares de coruñesas e coruñeses participaron nesta iniciativa, de carácter nacional e que dá continuidade a programación de actividades plantexadas pola AECC co obxectivo de involucrar a persoas, empresas e institucións na loita contra a enfermidade.
Inés Rey, acompañada polo presidente de AECC Coruña, Manuel Aguilar; diversos membros da corporación municipal; e o delegado territorial da Xunta, Gonzalo Trenor; instou a facer fronte ao cancro de forma conxunta, “co apoio de todas as Administracións públicas, porque esta loita pode e debe ser colectiva”.
A alcaldesa felicitou, ademais, á Asociación Española contra o Cancro, que no vindeiro mes de marzo cumprirá 70 anos de historia, recoñecendo a importante labor que se desenvolve desde a entidade en termos de sensibilización e visibilización. Neste sentido, a principal meta da AECC é que a taxa nacional de supervivencia ao cancro chegue ao 70 % no ano 2030