O Concello de Riveira recibiu dende hoxe un novo vehículo que irá destinado á Agrupación de Voluntarios de Protecció Civil.
Trátase dunha pickup marca Volkswagen Amarok que foi entregada esta mañá na Academia Galega de Seguridade na Estrada nun acto que estivo presidido polo vicepresidente da Xunta e conselleiro de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza, Alfonso Rueda. Alí estiveron os edís Víctor Reiriz e Fabiola García representando o Concello de Riveira.
O vehículo xa está na sede de Protección Civil nos baixos do Consistorio.