Friday 22 de November de 2024

Anxos Castro desvela o seu mundo interior nun poemario


O talento literario de Anxos Castro Parada foi dado a coñecer na tarde deste 3 de febreiro ao público congregado no Auditorio do Museo Valle-Inclán da Pobra do Caramiñal; a segunda parada no itinerario de presentacións pola comarca.

O libro Conversas comigo mesma & Emociones arrítmicas constitúe a súa estrea como escritora; unha recompilación de versos escritos dende nena, tanto en galego coma en castelán, de aí a elección do título.

Poesía variada en canto a temática e métrica que reflexa os pensamentos e sensacións da autora. Se ben esta é a primeira obra que publica, xa ten experiencia na participación de certames con poemas que resultaron seleccionados e formaron parte de antoloxías.

No acto estivo acompañada pola concelleira da Cultura, Patricia Lojo (PSdeG-PSOE); de María Regos, do grupo Lumieira; e do tamén escritor Xulio Gutiérrez. Contouse, ademais, con actuación da Escola de Música da Pobra.