O Goberno municipal aprobará no próximo pleno unha solicitude ao Ministerio para que de xeito paralelo á obra de Sol y Mar aborde diversas actuacións de mellora para deixar toda a zona nun estado óptimo. Trátase de actuacións positivas e demandadas polo conxunto dos cidadáns, valoradas en 800.000 euros.
As principais obras que solicita o Concello son a reurbanización completa da rúas As Garridas, a construción dunha pasarela peonil entre as prazas dos Areeiros e Agramar, a creación dun acceso directo para os garaxes da praza Agramar para evitar circular ata a ponte da Pasaxe, renovar as beirarrúas na rúa do Areal e pavimentar o estacionamento, crear o vial de conexión coa rúa Revolta e renovar as marquesinas.