Tuesday 26 de November de 2024

As toneladas recollidas de vidro, envases lixeiros, e papel e cartón mantéñense na Pobra durante 2022


Proseguindo co balance da recollida selectiva na Pobra do Caramiñal durante 2022, a Concellaría do Medio Ambiente, da cal é titular a edil Genoveva Hermo (Nós Pobra), informa dos resultados obtidos nos colectores de envases lixeiros, vidro, e papel e cartón repartidos pola xeografía.

A cifra depositada nas 53 unidades do característico iglú verde mantense con relación a anteriores exercicios, con máis de 170 toneladas de vidro.

En canto ao contedor amarelo, a súa función é reciclar envases lixeiros, metal e tetrabriks. Nos pasados anos a cantidade recollida sitúase nas 200 toneladas. Hai un total de 224 contedores para estes residuos distribuídos por todo o territorio municipal.

Parecida é a situación para o papel e cartón, asociado coa cor azul. Os 65 depósitos rexistraron nos anos previos un peso de aproximadamente 140 toneladas.

Así mesmo, co paso do tempo fóronse incrementando o número de colectores cos cales garanti-la separación na orixe.