Venres 3 de febreiro de 2023
Actividade: Concerto de “Sés”
Hora: 20.30
Lugar: Pazo da Cultura
A cantautora galega Sés presenta no Pazo da Cultura o seu último disco: “Diante un eco”. O seu oitavo traballo discográfico é tamén unha volta aos inicios pero dende o oficio e a madurez. As entradas pódense adquirir no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Sábado 4 de febreiro de 2023
Actividade: Concerto de “Xacarandaina”
Hora: 20.00
Lugar: Pazo da Cultura
“Endaterra” é o título do novidoso espectáculo de música e baile tradicional da formación Xacarandaina, no que se fusionan distintas artes escénicas, como o baile e a música tradicional galega (melódica e vogal) e o teatro. As entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.
Domingo 5 de febreiro de 2023
Actividade: “El musical de los 80s y 90s”
Hora: 19.30
Lugar: Pazo da Cultura
A compañía Tertulia Producción trae a Narón esta proposta cultura, un espectáculo no que se cantan con voz en directo variados estilos das décadas dos anos 80 e 90. As entradas pódense adquirir no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura: www.padroadodecultura.es.