O Concello de Bergondo organiza unha saída sociocultural de Entroido á Ribeira Sacra para visitar Monforte de Lemos, Chantada e a aldea de Santiago de Arriba.
A viaxe está prevista para o martes, 21 de febreiro, con saída ás 8 horas desde o Concello. As inscricións estarán abertas do 7 ao 10 de febreiro, a través do formulario https://bit.ly/3YgRBtI ou chamando ao teléfono 981 791 252, extensión 7.
Unha vez cubertas as 110 prazas, as persoas solicitantes deberán abonar 20 euros entre os días 16 e 17 de febreiro. Recoméndase ir disfrazado.