Saturday 23 de November de 2024

Apertura do prazo de presentación de ofertas para o subministro e instalación de adornos luminosos no municipio de Riveira


A duración do contrato é de dous anos prorrogables outros dous

O Boletín Oficial da Provincia do día de hoxe publica un anuncio no que se dá conta da apertura do prazo de presentación de ofertas para a adxudicación da subministración e instalación de adornos luminosos.

Esta iniciativa ten por obxecto contratar en réxime de aluguer o subministro de arcos, adornos luminosos e outros elementos ornamentais tanto para as festas de Nadal, como para outras festas populares da cidade e das parroquias.

A duración do contrato é de dous anos, podéndose prorrogar con carácter anual ata un máximo de dous prórrogas. O orzamento base de licitación de 36.300 euros/ano, IVE incluído. O procedemento de tramitación é o ordinario con multiplicidade de criterios de adxudicación. Os interesados poden presentar as súas ofertas durante un prazo de quince naturais no rexistro xeral do Concello.

Eficiencia enerxética
Entre as especificacións que deben ter os elementos a subministrar, esíxese que sexan utilizadas as tecnoloxías máis eficientes de acordo co motivo ornamental de que se trate (fío luminoso led, microbombillas, microled, etc…).

A intención do Executivo ao convocar un concurso por dous anos prorrogables por outros dous é conseguir que as ofertas redunden nun aforro económico para as arcas do Concello tal e como aconteceu nunha iniciativa semellante posta en práctica en decembro de 2012 e que abrangueu os anos 2013 e 2014. Por poñer un exemplo, só a iluminación festiva de Nadal do 2011 custara case 47.000 euros.