Friday 22 de November de 2024

Nota de prensa do BNG de Arteixo arredor das preguntas rexistradas a iniciativa do BNG no Parlamento galego sobre a necesidade de achegar transparencia á tramitación do parque eólico Carboeiro que afecta ao concello de Arteixo.


Nota de prensa do BNG de Arteixo arredor das preguntas rexistradas a iniciativa do BNG no Parlamento galego sobre a necesidade de achegar transparencia á tramitación do parque eólico Carboeiro que afecta ao concello de Arteixo.

Ante a resolución de Declaración de Impacto Medioambiental do Parque eólico Carboeiro situado entre outros no concellos de Arteixo no que o declara viable, O BNG no parlamento galego a instancias do BNG de Arteixo, presentou no rexistro unha serie de preguntas para a resposta por escrito unha vez estudado e analizado a DIA sobre este parque eólico.

Sabemos que o 29 de decembro de 2022, segundo recolle a DIA, o promotor presentou unha addenda ao estudo de impacto ambiental do parque eólico Carboeiro en base aos informes emitidos polos organismos sectoriais.

Segundo figura na dita addenda, á cal non tivemos acceso máis foi solicitada ao abeiro do artigo 9 do Regulamento do Parlamento, elimínanse os aeroxeradores CA03, CA04 e CA07, modifícase a localización dos aeroxeradores CA05 e CA06 e da torre meteorolóxica e a plataforma de montaxe do aeroxerador CA8 desprázase a respecto da posición inicial.

Como consecuencia dos cambios anteditos modifícase tamén o trazado das gabias de cableado e dos vieiros e non se coñecen as persoas que, por estes cambios, son novas expropiadas e outras que deixan de selo.

Sabemos que durante a información pública á que foi sometido este proxecto recibíronse 3.503 alegacións que, segundo consta no expediente, foron remitidas ao promotor para que se contestasen. O importante volume de mudanzas que a DIA recolle, a través dunha addenda que non foi publicada, volve crear indefensión e inseguridade ante unha tramitaciónque podería ter un alto impacto negativo na zona.

Por estes motivos formuláronse as seguintes preguntas para a súa resposta:

– Por que non se nos remitiu, ao abeiro do artigo 9 do Regulamento do Parlamento, a addenda da empresa promotora ao proxecto do parque eólico de Carboeiro que xustifica que a DIA sexa favorábel?

– Non cre o goberno que as mudanzas executadas no proxecto invalidan o mesmo?

– Cales son as accións que vai levar a cabo a Xunta de Galiza para garantir que se cumpran todas as alertas e condicións que esta DIA impón?

– Como vai garantir o goberno que a empresa promotora conteste todas as alegacións presentadas?

– Pensa o goberno aprobar a construción do parque eólico Carboeiro unha vez recibida a DIA favorábel, malia todas as alertas e condicionantes que describe?