O Concello de Narón continúa desenvolvendo o programa municipal de Recursos Educativos de Apoio á Escola, impulsado a través do Servizo Sociocomunitario Municipal. Con cargo a esta iniciativa realízanse unha serie de actividades en horario lectivo, entre as que se inclúen as visitas escolares ao Concello e tamén ás instalacións do Servizo de Prevención, Extinción de Incendios e Salvamento, ao Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e ao Centro de Recursos Solidarios de Narón.
O pasado mércores un grupo de medio cento de escolares de primeiro e segundo curso de Primaria do CEIP Ponte de Xuvia desprazouse ás instalacións do Speis, se ben ese mesmo día, preto dunha trintena de alumnas e alumnos de cuarto de Primaria coñeceron as instalacións do Centro Comunitario Manuela Pérez Sequeiros e outros sesenta escolares de quinto de Primaria do CEIP A Solaina visitaron onte e hoxe o Centro de Recursos Solidarios de Narón. Estas visitas prográmanse ao longo do curso escolar, co fin de que as nenas e nenos coñezan o funcionamento destes servizos e instalacións municipais.
Unha vez en cada unha destas instalacións os menores reciben unha serie de explicacións sobre os diferentes servizos, a cargo de representantes ou responsables dos mesmos. Na visita ao Centro de Recursos Solidarios os menores aportaron tamén produtos de primeira necesidade para entregar ás familias máis vulnerables. Na visita ao Centro de Recursos Solidarios os menores aportaron tamén produtos de primeira necesidade para entregar ás familias máis vulnerables.