Para confirmar a asistencia, débese abonar a cota de 50 euros antes das 12:00 horas do luns 6 de febreiro.
O Salón de Plenos acolleu esta mañá o sorteo público das cincuenta prazas dispoñibles para participar no programa Finde na Neve que, baixo a organización do Concello, se vai realizar na leonesa Estación de Inverno de Leitariegos. Será do 10 ao 12 de febreiro e co dobre propósito de ofrecer unha alternativa de ocio aos mozos de idades comprendidas entre os 12 e os 18 anos e inicialos na práctica do esquí.
Ante a alta demanda de participación, o Concello duplicou a cifra de prazas dispoñibles, pasando das 25 inicialmente previstas ás 50 que foron sorteadas hoxe entre os 86 rapaces preinscritos. A acta do sorteo, coa relación de prazas concedidas e a das persoas que conforman a listaxe de reserva, pode consultarse na web municipal alaracha.gal (sección últimos avisos).
Para confirmar a aceptación da praza, aquelas persoas que a teñen concedida deberán aboar antes do luns 6 de febreiro ás 12:00 horas a cota de 50 euros que inclúe o transporte en autobús, aloxamento, pensión completa, realización dos cursos de esquí e aluguer de material. En caso de non facelo, perderán a praza a favor da listaxe de reserva.