Friday 22 de November de 2024

O Partido Popular de Sada pregúntase se a perda sucesiva de eventos é altruísmo ou falta de interese


Considera que Sada vén perdendo ao longo dos anos, parte da súa identidade cultural, artística, deportiva… polo abandono dos sucesivos gobernos municipais.

Regalar cultura é un acto de filantropía… pero que un goberno local deixe que leven outros concellos os seus eventos e patrimonio cultural, é unha manifestación da falta de interese municipal polos mesmos.
Historicamente, vén ser unha constante en Sada o perder unha serie de oportunidades de manter actividades que poderían traer beneficios económicos ou enriquecer o patrimonio cultural do noso concello

A sólida identidade cultural da nosa vila, está a desvanecerse #ante actuacións inxustificadas desde o concello en prol da desautorización e falta de colaboración coas propostas de actividades culturais de diferentes asociacións e entidades locais.

Actividades que levan anos formando parte da nosa vida sadense e falan do aprecio e respecto á gran diversidade cultural que sempre definiu ao noso pobo a través da música, a pintura, a literatura…
Necesitamos deter isto e investir as cousas.

Comecemos a xestionar, a sumar, conservar e mellorar no posible, actividades culturais, eventos, arte, etc…
A cultura nas súas diversas manifestacións une e define a unha sociedade.

Un goberno que dá as costas á cultura e aínda máis á cultura do seu pobo, perderá o respecto dos cidadáns, e o dereito para gobernar cando falen as urnas o próximo 28 de maio.