A Pobra do Caramiñal continúa acollendo programas de alfabetización dixital. No marco do proxecto Muller Dixital, a Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade organiza o curso Competencias dixitais básicas para o emprendemento, co cal colabora a Concellaría da Igualdade.
A finalidade é formar mulleres desempregadas ou en mellora de emprego, con idades comprendidas entre os 18 e 65 anos, para contribuír así a reduci–la fenda de xénero a través da capacitación dixital.
Con relación a isto, a edil Charo Varela (Nós Pobra), xunto coa axente de igualdade, Carolina Rodríguez, fai fincapé na importancia deste curso “destinado a mellora-las competencias dixitais imprescindibles para a vida laboral.”
Esta nova acción de balde impartirase a partir do día 7 de febreiro, de luns a venres, en horario de 09.45 a 13.45 horas, na aula de estudo situada na planta superior da biblioteca municipal. A duración total ascende ás 45 horas e establécense 20 de prazas.
Unha vez concluída a formación, as mulleres participantes recibirán como agasallo cadansúa tablet cun teclado externo para pór na práctica os coñecementos adquiridos.
As inscricións efectuaranse a través das seguintes vías: 881820345, 621180897 ou info@mullerdixital.gal. A maiores, para a resolución de dúbidas, habilítase o enderezo electrónico igualdade@apobra.gal e o teléfono de contacto 981832764, marcando a opción 6.
A dita iniciativa está financiada polos Fondos Next Generation EU e o Plan de recuperación, transformación e resiliencia do Ministerio da Educación e Formación Profesional.