A Asociación Cultural Recreativa Haveira coa colaboración da Concellaría da Cultura da Pobra do Caramiñal, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), ofrece unha ampla variedade de aulas de bailes no curso 2023.
Impartiranse sobre a roda de casino, a salsa, a bachata, a cumbia, o merengue, o chachachá, o valse, o hip-hop, a commercial dance, o funky…
As clases desenvolveranse a partir do primeiro luns do mes de febreiro, no Yumi Yai Park. O horario para nenos e nenas vai dende as 18.00 ás 19.00 horas, mentres que para as persoas adultas vai de 19.00 a 20.00 horas.
Máis información e inscrición no teléfono de contacto 689569224 ou na casa da cultura Raquel Fernández Soler.