O salón de plenos do Concello da Pobra do Caramiñal acolleu na xornada de onte, 31 de xaneiro, a partir das 20.30 horas, a sesión ordinaria do Pleno da corporación, a cal contou coa ausencia da concelleira Patricia Lojo (PSdeG-PSOE). A orde do día foi a que figura a seguir:
1. Aprobación actas anteriores (31 de marzo, 26 de maio e 30 de xuño de 2022).
2. Moción do grupo municipal do PP relativa a actuacións urxentes. Aprobada con 5 votos a favor (PP), 2 en contra (BNG) e 5 abstencións (Nós Pobra).
3. Moción do grupo municipal do PP relativa ó establecemento de bonificacións para a instalación de paneis solares térmicos ou fotovoltaicos para autoconsumo. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra e BNG).
4. Moción do grupo municipal do PP relativa á provisión de prazas no Hospital Comarcal da Barbanza. Denegada con 5 votos a favor (PP) e 7 en contra (Nós Pobra e BNG).
Deseguido, procedeuse coa parte de decretos e informes da alcaldía para, finalmente, dar paso á quenda de rogos e preguntas.
Ao igual ca o resto, a sesión está dispoñible na canle do Youtube do Concello da Pobra do Caramiñal.