Friday 22 de November de 2024

Rematan as obras de mellora da estrada entre o Igrexaario de Lestón e o Cruce da Rabadeira


A intervención forma parte do plan municipal de mellora e conservación da rede viaria.
O Concello completou a execución do proxecto de mellora da estrada que comunica O Igrexario de Lestón co cruce do lugar de A Rabadeira.

A actuación consistiu na renovación da superficie de rodadura dos vehículos cunha nova capa de aglomerado ao longo dos seiscentos metros de lonxitude desta vía, o reforzamento dos bordes da calzada e a correspondente sinalización horizontal e vertical para aumentar a seguridade viaria.

Polo emprazamento da estrada obxecto desta intervención, tamén se facilitan os acceso á igrexa parroquial de San Martiño de Lestón desde o núcleo urbano de Paiosaco.

Este proxecto, no que foron investidos máis de 30.000 euros, forma parte do plan municipal para a mellora e conservación da rede viaria, cuxa finalidade é ofrecer boas comunicacións rodadas á totalidade dos máis de trescentos núcleos de poboación rural do Concello da Laracha.