Friday 22 de November de 2024

José López, Manuel Méndez e Aurelio Candal, gañadores do XVII Concurso de Fotografía Touro en Imaxes


O XVII Concurso de Fotografía Touro en Imaxes xa ten gañadores. Na categoría de Adultos Natureza o gañador foi José López Pérez, coa obra Brétemas en Ribeira. Pola súa banda, o vencedor na categoría Adultos Patrimonio Histórico-cultural foi Manuel Méndez Blanco, coa obra As once da mañá na igrexa de Fontes Rosas. O gañador da categoría xuvenil no apartado de Natureza foi Aurelio Candal Fernández, coa obra Ceo e auga.

O xurado presidido polo concelleiro Jesús Martínez Pereira e integrado pola concelleira Adela Iglesias e por Adolfo Enriquez, José Manuel García e Luis Vázquez, foi o encargado de elexir as mellores obras. Os gañadores nas categorías de adultos recibirán 300 euros en concepto de premio, que será entregado nas próximas semanas coincidindo con algún dos actos programado polo Concello de Touro. O premio para o gañador da categoría xuvenil será unha tablet. O Concello de Touro felicita aos gañadores e anima aos afeccionados á fotografía a presentarse á próxima edición do Concurso de Fotografía Touro en Imaxes, que cumplirá xa a maioría de idade e será a XVIII edición.