Un grupo de dezaseis escolares de sexto curso de educación Infantil do CEIP Ponte de Xuvia, desprazouse hoxe ao Concello para participar nas actividades do Programa de Recursos Educativos de Apoio á Escola, que inclúe un apartado de Coñecemento do Concello a través Itinerarios didácticos na Casa Consistorial. Os menores estiveron acompañados por persoal docente, co que visitaron varias dependencias municipais e se reuniron coa alcaldesa, Marián Ferreiro, no salón de plenos.
Unha vez na citada ubicación os escolares ocuparon os asientos dos membros da corporación local e formuláronlle á rexedora local diversas cuestións relacionadas co seu traballo como alcaldesa e do funcionamento do Concello. Os escolares visionaron o vídeo “Nara de Narón”, cunha explicación sobre a historia da cidade e as súas parroquias e sacaron unha fotografía de grupo coa alcaldesa, que lles entregou uns libros e unha gorra, e tamén no photocall “Ti es a abella Nara”. Un explorador e unha abella de Narón, de nome “Nara”, acompañaron aos escolares nesta visita teatralizada.