O Pazo da Cultura acollerá mañá mércores, ás 20.00 horas, a primeira proxección do ciclo de cine “Elas”, organizado polo Concello en colaboración co Cineclube Serie B. “Cinco lobitos”, da directora Alauda Ruiz de Azúa, é a primeira película que se poderá ver, de balde, nesta edición do ciclo. O filme tivo once nominacións aos Premios Goya, entre elas as de mellor película, dirección novel e guión orixinal e este ano gañou o premio á mellor película europea na “XV Gala dos premios Gaudí”, da Academia do Cine catalán.
“Cinco lobitos” conta a historia dunha muller que regresa ao pobo dos seus pais para criar ao seu fillo unha vez que a súa parella se ten que ausentar por motivos laborais. Ela compartirá cos seus pais as tarefas propias do coidado do menor.
As seguintes proxeccións deste ciclo de cine terán lugar o mércores 8, cando se poderá ver “Alcarrás”, de Carla Simón; “Libertad”, o 15 de febreiro, de Clara Roquet e, por último, o 22 deste mes, “Las niñas”, de Pilar Palomero.
Neste ciclo colaboran tamén a Federación de Cineclubes de Galicia e a Xunta de Galicia.