Monday 25 de November de 2024

Resulta sorprendente que o goberno socialista de Miño aprópiese das obras xestionadas por anteriores gobernos do Partido Popular


Ante a proximidade de eleccións municipais o Partido Popular de Miño, fai balance destes anos de goberno do PSOE de Miño.

Ao comezo da lexislatura foi posible a apertura do centro de día de Miño, iso grazas ás xestións que anteriores gobernos do Partido Popular había realizado.
Da mesma forma as negociacións que o goberno popular levou a cabo en anteriores lexislaturas, permitiu ampliar o prazo de amortización da débeda do municipio.

No mesmo sentido o financiamento para a rehabilitación do club náutico foi froito das conversacións do Partido Popular coa Xunta de Galicia, obtendo unha subvención que case perde o goberno socialista pola súa mala xestión da concesión da obra.

Sorprende aos populares que estes logros sexan dos que mais fale o alcalde Manuel V. Faraldo cando foron froito da actuación dos populares. O que denota a falta de actuacións que levaron a cabo nestes anos polo actual goberno. Para poder presumir de xestión debería empezar por aprobar os orzamentos no prazo legal.

Para o Partido Popular é fundamental seguir ampliando os servizos locais e facer de Miño un municipio con máis vida. Para iso é esencial que os orzamentos se aproben en tempo e forma antes do comezo de ano, para poder atender as necesidades dos veciños.