• A programación dará comezo o sábado 18 e prolongarase ata o venres 24
• O concurso de disfraces repartirá máis de 5.000 euros en premios
• As orquestras “Gran Parada” e “Unión e Forza” amenizarán a xornada do luns
O Concello de Ortigueira prepara unha ampla oferta de actividades para todos os gustos e franxas idade durante o entroido de 2023, que se celebrará entre o 18 e o 21 de febreiro.
O sábado dará comezo a programación co entroido de Espasante, organizado pola Comisión de festas de San Antón en colaboración co Concello de Ortigueira, con sesión vermú, unha comida popular, sorteos e música durante todo o día grazas ao Trío Zafiro e a DJ Manuel Villasuso. Ao longo da tarde haberá un pasacalles por Espasante a cargo dos mariachis do Pacífico.
O domingo, 19 de febreiro, comezarán as actividades na Alameda, onde haberá inchables, talleres de máscaras, unha festa infantil ‘Cantabaila’ e a tradicional degustación de doces de entroido, que xorde da colaboración coa Asociación Entre Fogóns.
O luns 20, tamén na Alameda, volverá haber inchables para os máis pequenos, unha ‘Festa Holi’ infantil e o gran concurso de disfraces, no que se repartirán máis de 5.000 euros en premios. Todo isto amenizado polas orquestras “Gran Parada” e “Unión e Forza”.
Por último, para finalizar a programación, o venres día 24 celebrarase o “Enterro dá Sardiña” que poñerá fin aos entroidos do ano 2023.
Desde o Concello de Ortigueira animan aos veciños para ser partícipes e gozar do entroido local, tomando parte nas actividades organizadas.