Thursday 21 de November de 2024

A música soará na casa da cultura e no Elma coas audicións abertas da Escola de Música da Pobra


A Escola de Música da Pobra organiza unha serie de audicións abertas correspondentes co curso 2022-2023. A primeira será no 31 de xaneiro con piano, saxo, frauta e trombón. Xa no 1 de febreiro será a quenda da guitarra e batería; mentres que no día 3 tocarán clarinete, trompeta, bombardino e percusión. Concluirán no día 11 con combos, ensembles, grupos de cámara e banda ESMU.

Todos estes recitais transcorrerán a partir das 19.45 horas na casa da cultura Raquel Fernández Soler, agás o último que terá lugar no teatro cine Elma.

A entidade pobrense conta no presente ano académico cunha variada oferta formativa musical impulsada dende a Asociación Cultural ESMU A Pobra coa colaboración da Concellaría da Cultura, da cal é titular a edil Patricia Lojo (PSdeG-PSOE), e Organistrum.