O vicepresidente, Alfonso Rueda, destacou que se trata dun exemplo máis de que a colaboración entre administracións beneficia aos cidadáns
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda fixo entrega hoxe na sede da Academia Galega de Seguridade Pública de 42 vehículos todo terreo tipo pick-up destinados ás Agrupacións de Voluntariosa de Protección Civil da nosa comunidade, onde destacou a importancia da frutífera colaboración entre Administracións, en especial cando se trata dun eido tan sensible e importante como é o das emerxencias e a seguridade cidadá.
Mediante a Orde do 28 de xaneiro de 2015, para a adxudicación de equipamentos de emerxencia, en réxime de concorrencia competitiva, a concellos de menos de 50.000 habitantes, mancomunidades ou agrupacións de concellos galegos, no marco de Programa Operativo Feder-Galicia 2007-2013, fixéronse entrega de 42 todo terreos tipo pick-up, logo de que foran xa entregados remolques para atención ás emerxencias, esparexadores de sal adaptados a remolques ou vehículos todoterreo, ademais de remolques con carpa presurizadas
O acto tivo lugar na Academia galega de Seguridade Pública, na Estrada e contou coa presenza de alcaldes e membros das Agrupacións, así como dos dos delegados territoriais da Xunta na Coruña, Pontevedra e Ourense e do director xeral de Emerxencias Interior, Luis Menor.
Rueda aproveitou o acto para enxalzar o traballo diario das asociacións de Protección Civil galegas e destacou o compromiso da Xunta con todas elas, dotándoas dos medios necesarios para que poidan ser máis efectivas e eficaces na súa resposta ante as emerxencias. A distribución destes medios fíxose “onde máis se precisaba”, seguindo criterios obxectivos e primando, por exemplo, aos concellos con maior número de actuacións e voluntarios, o risco potencial de emerxencias e a distancia con outros servizos de emerxencias coma bombeiros ou GES.
Distribución de todoterreos pick-up
Desta volta foron entregados para os concellos de Abegondo, Bergondo, Betanzos, Culleredo, Narón, As Pontes, Porto do Son, Rianxo, Ribeira, Santa Comba; na provincia da Coruña. Para a provincia de Lugo foron entregados todoterreos para os concellos de Barreiros, Friol, Mondoñedo, Ourol, Ribadeo, Vilalba e Viveiro. Á provincia de Ourense correspondéronlle aos concellos de Bande, Carballiño, Chandrexa de Queixa, Coles, A Gudiña, Manzaneda, Muíños, Piñor, Pobra de Trives, A Veiga, Verín, Xinzo de Limia e Laza.
E finalmente para a provincia de Pontevedra foron entregados aos concellos de Caldas de Reis, Cambados, Cangas, Lalín, Mos, Ponteareas, Porriño, Ribadumia, Tomiño, Valga, Vilagarcía de Arousa, e para a Mancomunidade de Val Miñor.