Friday 22 de November de 2024

As denuncias públicas forzan a apertura do Pazo de Meirás aos escolares


As denuncias públicas realizadas polo Concello de Oleiros, a Comisión pola Recuperación da Memoria Histórica e outras entidades sobre o peche do Pazo de Meirás aos escolares de toda Galicia forzaron ao Goberno tránsfuga de Sada a cumprir coas súas obrigas coa cidadanía e permitir as visitas dos centros de ensino de Oleiros. Malia as reiteradas peticións e comunicacións realizadas desde o mes de novembro para pechar as visitas dos colexios Juana de Vega, Valle Inclán, Rabadeira e Parga Pondal – xa acordadas en outubro co anterior Goberno municipal e cos pertinentes permisos do Patrimonio do Estado-, non houbo resposta afirmativa por parte do Concello de Sada ata que foi denunciada a situación ante os medios de comunicación.

“É unha vergoña que fose necesario ter que denunciar publicamente este feito para que abran o Pazo de Meirás aos colexios. Un desleixamento político sen precedentes por parte dun Goberno tránsfuga incapaz de xestionar con responsabilidade e cumprir coas súas obrigas”, dixo o alcalde Ángel García Seoane.