O director xeral Maiores e Atención Sociosanitaria, Antón Acevedo, visitou esta mañá a residencia de maiores Sanitas na Coruña, onde tivo a oportunidade de conversar co equipo directivo e cos profesionais do centro, así como con algúns dos seus usuarios.
Este centro conta con diferentes servizos, como atención en xeriatría ou estimulación da memoria, entre outros. Ademais, dispón dunha programación de actividades socioculturais e de animación que desenvolve ao longo do ano.