Móvete+ é un programa de actividade física que busca contribuír a mellorar a calidade de vida das mulleres que están nalgún proceso oncolóxico ou que xa o pasaron, dirixida a reducir os efectos secundarios dos tratamentos recibidos e que poderían cronificarse: fatiga, sufocacións, trastornos do sono, alteracións na concentración e a memoria, etc. Ao tempo, tamén busca incrementar e mellorar a autoestima das participantes, o seu benestar emocional, a súa sexualidade e as súas relacións sociais, así como tecer unha rede de coidados sobre a que apoiarse e afrontar as dificultades do día a día.
Ao longo das sesións realizaranse diferentes actividades físicas adaptadas ás persoas que se inscriban no programa, así como outras actividades complementarias que se poidan levar a cabo en función do perfil das participantes. A actividade celebrarase todos os venres na pista polideportiva Meixonfrío, na rúa Manuel Gutiérrez Mellado, en Santa Cruz.
Para máis información ou apuntarse é posible facelo chamando ao 981 610 000 (extensións 3503 e 3120) e no correo igualdade@oleiros.org.