Tras as obras realizadas na AC-214 ao seu paso por Amil foi retirado o paso de peóns situado no cruce coa rúa Rocón.
Raúl Varela preguntará na sesión plenaria de hoxe se este será reposto, xa que se trata dunha zona de elevado transito peonil que quedaría sen paso para cruzar os peóns. Alternativa dos Veciños de Cambre faise con esta petición eco das queixas recibidas polos veciños da zona.