Friday 22 de November de 2024

Ordes acollerá un curso de asesoramento, formación e apoio a mulleres emprendedoras


Englobado dentro da Redes Emprende en Igualdade terá lugar na casa da Cultura ao longo das vindeiras semanas

Ordes acollerá ao longo das vindeiras semanas un conxunto de actuacións de cara ao asesoramento, formación e apoio ás mulleres potencialmente emprendedoras. O obxectivo principal e brindarlles o apoio necasarioa de cara á posta en marcha e na modernización das súas empresas, así como na busca de emprego. Un xeito, ademais, de incidir e fomentar a súa adaptabilidade e competitividade no mercado laboral actual.

A iniciativa, na que colabora o Concello de Ordes a través da súa oficina de Emprego, englóbase no marco da Rede de Emprendemento en Igualdade, da Secretaría Xeral da Igualdade en colaboración co Colexio Profesional de Enxeñaría en Informática de Galicia (CPEIG). Entre os aspectos máis destacados da temática que se impartirá figura a iniciación a Internet e ás redes sociais, o coñecementos das novas tecnoloxías para o emprendemento e a búsqueda de emprego, as redes e a transposición de experiencias, así como a perspectiva de xénero.

As sesión desenvolvanse nas aulas da casa da cultura os días 27 e 29 de outubro e 3, 5, 10, 12, 17, 19, 24 e 26 de novembro de 2015. O horaria será de 17.30 a 19.30 horas, contando cunha duración máixima por curso de vinte horas para 25 alumnas. Ademais tamén se impartirá a través da aulas CEMIT da Xunta.

Todas aquelas mulleres interesadas en participar ou obter información poden poñerse en contacto coa Oficina de Emprego do Concello de Ordes no horario habitual.

Rede Emprende en Igualdade está organizado pola Xunta de Galicia e conta co Fondo Social Europeo e o Colexio Profesional en Informática de Galicia entre as entidades colaboradoras.