Cruz Vermella Ordes comezou a impartir os cursos de español para estranxeiros. En total participan catorce alumnas repartidas nos niveis básico e de alfabetización avanzado. As clases impártense dous días á semana, mércores e xoves, ao longo de dúas horas para cada un dos cursos. Se alguén se quere inscribir aínda está a tempo.