Friday 22 de November de 2024

Cortada á circulación a estrada da parroquia de Lendo que comunica A Torre con Leas a causa dun socavón


A vía alternativa é a estrada do parque empresarial en dirección a O Campo da Porta.

A Policía Local da Laracha cortou á circulación esta mañá a estrada da parroquia de Lendo que comunica os núcleos de A Torre e Lexas tras detectarse un socavón no centro da calzada que impide o tránsito dos vehículos con garantía de seguridade.

Como vía de acceso alternativa establécese a estrada do parque empresarial en dirección a O Campo da Porta.