Antonio Agra 5 tet ofrecerá este sábado un concerto no centro cultural A Fábrica, en Perillo, ás 20:30 horas. O espectáculo será gratuíto con invitación, que poderá recollerse desde unha hora antes na propia sala.
Neste quinteto de jazz os sedutores sons do vibráfono de Antonio Agra rodéanse dunha fantástica banda de músicos excepcionais e de influencias moi diversas, conformando un repertorio de músicas que abranguen o jazz moderno o blues ou a fusión. A xenialidade de Xosé Miguélez ao saxo tenor xunto a riqueza harmónica e melódica de Antonio Bravo, mestúrase de forma maxistral coa sensibilidade do estilo sobrio e sólido, enriquecido por un manexo maxistral do arco do contrabaixista Simón García, mentres tras os tambores emerxe a sabedoría do batería Carlos Castro, dono dese talento especial que achega o sinal de individualidade e de identificación que distingue aos verdadeiros percusionistas.