Monday 25 de November de 2024

Curso gratuíto oficial de monitores/as de tempo libre nas casas da mocidade


As casas da mocidade de Oleiros teñen aberto o prazo de inscrición ata o día 21 de febreiro para o curso para obter a titulación oficial de monitor/a de tempo libre. É gratuíto e está dirixido a mozos e mozas de Oleiros de entre 18 e 30 anos que teñan finalizada a ESO ou equivalente.

O curso está homologado. Constará de 140 horas presenciais, 60 horas en liña e 150 horas de prácticas en centros de traballo.

Para obter máis información ou inscribirse é posible nas casas da mocidade (Santa Cruz e As Pedras), chamar ao 981 614 083 ou ao 981 977 944, ou enviar un correo a pix.portaberta@gmail.com ou pix.aspedras@gmail.com.