No mes de febreiro comezará a actividade de ximnasia para maiores de 60 anos na Casa do pobo de Montrove. Será todos os martes e xoves de 4 a 5 da tarde.
Nesta actividade, que forma parte do programa municipal de envellecemento activo, desenvólvense exercicios de equilibrio, coordinación, axilidade, forza, resistencia e velocidade, adaptados sempre a cada persoa participante. Para participar, as persoas interesadas poderán anotarse chamado ao 981 61 00 00, en horario de 4 a 7 da tarde os días 25, 26, 27 e 30 de xaneiro.