Boqueixón celebrou este domingo a Festa do San Vicente, patrón do municipio, coa tradicional recepción á veciñanza na Casa do Concello. O acto estivo presidido polo alcalde, Manuel Fernández Munín, e contou coa presenza de integrantes da corporación municipal e do deputado autonómico Ovidio Rodeiro.
As persoas asistentes a esta celebración tiveron a oportunidade de gozar dos acordes da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla. O tempo acompañou, polo que a agrupación puido interpretar varias pezas na praza do Concello como complemento á recepción á veciñanza. A celebración continuou cunha misa solemne na honra do San Vicente. O programa de actos finalizou cun concerto da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.