Friday 22 de November de 2024

O Pazo acollerá este sábado o espectáculo de danza contemporánea “Loop”


O Pazo da Cultura acollerá este sábado, día 28, o espectáculo de danza contemporánea “Loop”, da compañía Aracaladanza. A cita será ás 20.00 horas e as entradas poden adquirirse no despacho de billetes do Pazo ou na web do Padroado da Cultura –www.padroadodecultura.es- a un prezo de 12 euros para o público xeral; de 8,40 para aboados, desempregados e persoas con carné xove ou de estudante (ata 25 anos) e de 7 para menores de 14 anos.

Enrique Cabrera dirixe este espectáculo, unha carta de amor á maquinaria escénica que creou Aracaladanza e na que todos os elementos e profesionais que interveñen se converten en protagonistas. Os espectadores, testemuñas e cómplices dunha aventura imaxinaria, terán tamén un importante papel nesta proposta.