Friday 22 de November de 2024

Un pequeno desprendemento de terra á beira da AC-862 corta o paso nunha pista municipal de San Sadurniño


Esta mañá detectouse un desprendemento de terra nun dos noiros executados a raíz das últimas obras de mellora da estrada de Ortigueira ao seu paso por San Sadurniño. O corremento, de escasa entidade, afectoulle á vía de servizo de Prospes aos Corrás impedindo o paso de vehículos.

O Concello deu aviso ao 112 e ao departamento de conservación de estradas da Xunta, quen se comprometeu a deixar despexada a pista ao longo do día de hoxe.

Ante a inestabilidade do terreo e a posibilidade de que se produzan novos corrementos, desde o Concello recoméndase non utilizar esa pista, senón a que dá acceso ao campo de fútbol e a piscina (situada uns metros máis abaixo) mentres a AXI non tome medidas para asegurar todo o ribazo.