● Habilitarase un servizo de buses desde A Tortela, con horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
● Recupérase a verbena nocturna no pobo, na Praza Vermella, que comezará ás 23:30 horas.
● En San Xiao, durante toda a mañá, repartiranse empanadas e conservas na casa da organización.
O Concello de Cariño celebrará o vindeiro sábado, 28 de xaneiro, a tradicional festa de San Xiao do Trebo. Para poder desprazarse ata San Xiao habilitouse un servizo de buses desde a zona da Tortela, con horario de 10 a 14 horas e de 17 a 21 horas.
Ao longo da mañá a banda de gaitas de San Xiao do Trebo fará un pasacalles polo pobo, chegando ata San Xiao, onde se repartirán empanadas e conservas na casa da organización. Ademais, haberá dúas misas, ás 10:30 horas e ás 12:30 horas.
Pola tarde, a partir das 17:30 horas, actuará o dúo A Hora Bruxa e, xa pola noite, recupérase a antiga tradición de facer a verbena no pobo, coa música da orquestra Fania Branco Show (a partir das 23:30 horas na Praza Vermella), e o fin de festa a cargo de DJ Party.