Inés Rey: “Na túa casa de Monte Alto aprendestes que A Coruña non ten fronteiras e esa defensa do local tamén queremos recoñecercha hoxe”
Manuel Rivas: “Esta é unha distinción que contribúe a crear comunidade”
A alcaldesa, Inés Rey, fixo entrega esta tarde da medalla de ouro ao escritor Manuel Rivas, como Cabaleiro de Honra da Real Orde de Cabaleiros de María Pita a Manuel Rivas. O Salón de Sesións acolleu o acto presidido pola rexedora e Gran Maestre de María Pita, no que interviñeron o Maestre da real Orde, José Duarte Novo; o lugartenente da Orde, Joaquín Nebot Guiñales; e Manuel Rivas, distinguido coa medalla da Real Orde de Cabaleiros.
Rey destacou a proxección internacional de Rivas, quen foi recoñecido este ano coa Medalla de Ouro ao Mérito en Belas Artes, unha das distincións máis prestixiosas do país. “É unha absoluta honra para min como alcaldesa outorgarche este recoñecemento en nome da Coruña porque representas todos os valores impresos no ADN desta cidade: vocación cultural e artística, pensamento crítico, proxección internacional e un profundo galeguismo” explicou.
A alcaldesa subliñou a orixe coruñesa de Manuel Rivas e a súa defensa da Coruña e de Galicia: “Na túa casa de Monte Alto aprendestes que A Coruña non ten fronteiras e esa defensa do noso, do local, da raíz é algo que tamén queremos recoñecerche hoxe con esta medalla” sinalou.
Pola súa banda, Manuel Rivas agradeceu este recoñecemento ao Concello e á Real Orde de Cabaleiros. “Esta é unha asociación é unha distinción que contribúen a crear comunidade”. “A identidade coruñesa está no mar, e quen ama o mar, ama a liberdade”, sinalou o escritor durante o seu discurso.