A inscrición abrirase o luns, é gratuíta e debe formalizarse no Concello.
O Concello organiza os obradoiros de poda e enxerto de árbores froiteiras que se van realizar os sábados 25 de febreiro e 4 e 11 de marzo en horario de 10:00 a 13:00 horas nas instalacións de Viveiros Amado, situadas no lugar de A Braña Grande (parroquia de Cabovilaño), a carón da estrada AC-552.
A inscrición é gratuíta, abrirase o luns e debe formalizarse ben acudindo ao Concello ou chamando ao 981605001. As prazas para cada unha das quendas son limitadas e outorgaranse por orde de inscrición. Os únicos requisitos para poder anotarse son estar empadroado no termo municipal da Laracha e ser maior de quince anos de idade.
Esta iniciativa, que se leva a cabo por segundo ano, ponse en marcha para ofrecer á cidadanía a oportunidade de aprender a realizar os traballos de poda e enxerto precisamente na época do ano propia para levalos a cabo.