O Concello de Boqueixón celebrará este domingo 22 de xaneiro a Festa do San Vicente, patrón de Boqueixón. Unha festividade que dará comezo ás 12:00 horas coa tradicional recepción oficial á veciñanza na Casa do Concello. Un acto que estará presidido polo alcalde, Manuel Fernández Munín, e que contará coa participación de integrantes da corporación municipal.
As persoas que asistan a esta recepción na Casa do Concello desfrutarán dos acordes da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla, que interpretará varias pezas. A celebración continuará cunha misa solemne na honra do San Vicente, ás 13:00 horas, que rematará cun novo concerto da Banda de Música de Santa Cruz de Ribadulla.