Friday 22 de November de 2024

O BNG amosa a súa preocupación polo proxecto de instalación dunha gasolineira en Iñás, nas inmediacións do Rego de San Pedro


O BNG preguntará ao goberno municipal no pleno sobre a existencia deste proxecto e do estudo de afectación ao Rego de San Pedro con comunicación a Augas da Galiza

A Opinión da Coruña informa que unha cadea de gasolineiras low cost proxecta instalar unha estación de servizo en Iñás, na rúa Faro, preto de la rotonda que conecta coa avenida das Mariñas (Nacional-VI), pola parte traseira dun gran bazar. Pola descrición achamos que este proxecto se ubicaría localizaría a escasos metros do Rego de San Pedro, por onde vai discorrer o chamado Paseo do Rego que xa se está a realizar por parte do Concello.

O BNG preguntará no vindeiro pleno ao goberno Local acerca do que se sabe deste proxecto, se existen trámites iniciados no Concello e se saben se xa foi solicitada a autorización preceptiva a Augas da Galliza pola cercanía proximidade da corrente fluvial.

As estacións de servizo, como moitas outras actividades industriais, están catalogadas como potencialmente contaminantes do solo. A propia Xunta da Galiza ten informado que segundo as súas estatísticas, o 44 % das gasolineiras presentaban afección contaminante nos solos onde as gasolineiras están ubicadassituadas. De aí a preocupación que temos no BNG de Oleiros sobre as informacións que anuncian a posibilidade dunha estación de servizo nas inmediacións do futuro Paseo do Rego, espazo destinado ao desfrute da natureza por parte da cidadanía.

Alén dos potencias riscos que existirían de ser confirmada a localización da estación de servizo, todo apunta a que a mesma sería de autoservizo, polo tanto non crearía ningún posto de traballo.